POR TERRAS DE VALENCIA E ALICANTE: REQUENA, GANDÍA, ALTEA, GUADALEST, CALPE, VALENCIA E XÁTIVA
24-29/09/24
O Mediterráneo quédanos un pouco lonxe para ir nunha finde, polo que mellor o desfrutamos en 6 días. Nesta parte do ano tócalle o turno á Comunidade Valenciana, cas cidades e vilas máis importantes de Alicante e Valencia. Unha viaxe de 6 días nas que coñeceremos: Requena co seu castelo e as súas Covas da Vila, a fermosa vila de Altea, a turística Benidorm, a impresionante Guadalest co seu castelo, a branca vila de Calpe, Denia co seu túnel, a magnífica vila de Xátiva, e como non Valencia, onde destacamos a súa Catedral e a Lonxa da Seda. Poderás aproveitar a praia xa que o hotel está en Gandía, e Valencia merece unha visita cun guía oficial e a degustación dunha orchata, ir por ir...
♥♥ XÁTIVA, VALENCIA, DENIA, CALPE, GUADALEST, BENIDORM, ALTEA, REQUENA, E ORCHATA ♥♥